miércoles, 4 de mayo de 2011

Wall Street

Por qué se titula así esta película?
Porque é o nome dunha rúa neoyorquina. Considerado o corazón histórico do distrito financieiro, é o principal fogar da Bolsa de Valores de Nova York.

Que nome recibe o traballo que realiza o protagonista, Bud Fox? (contesta co seu nome en inglés e en galego).
En galego: corredor de Bolsa
En inglés: broker

Nun momento da película,  o pai de Bud Fox di: “Os cartos conseguen que fagas cousas que non queres facer “; e noutro momento o propio Bud di: “Véxome no espello e non me gusta o que vexo”. Comenta estas frases no contexto da película.

"Os cartos conseguen que fagas cousas que non queres facer “: quere dicir que a ambición que lle traspasa  Gordon Gekko por ser moi rico, fai que faga cousas ilegais que en realidade el non quería facer e que case traizone ó seu pai e á compañía onde traballa.

“Véxome no espello e non me gusta o que vexo”: non lle gusta a persoa na que se converteu, capaz de facer o que sexa por conseguir cartos.

Gordon Gekko e Bud manteñen un diálogo sobre a ambición e a cobiza (codicia)... Que son? Ves algunha diferenza?
Ambición: é o desexo de conseguir riqueza, fama, poder ou honores.
Cobiza: é o afán excesivo de riqueza.
A diferenza é que a cobiza é querer cada vez máis e máis cartos e a ambición é conseguila riqueza, fama....

Elabora unha opinión sobre as decisións que toma o protagonista, Bud Fox, argumentando se ti farías o mesmo ou te guiarías por outra escala de valores.
A min parecéume moi ben que lla xogara a Gordon Gekko (tanto o de xogarlla coas accións como él lle ensinara, como cando o grabou para delatalo) porque era unha persoa capaz de todo por obter máis cartos, ata de deixar a miles de familias sen fogar.

1 comentario:

  1. Respecto ao que fixo Fox, quedaríache opinar sobre a súa primeira decisión de facer actos ilegais para enriquecerse.
    Tes algunha frase incoherente que fai perder o sentido do texto.
    A túa nota 4 sobre 5

    ResponderEliminar