viernes, 3 de diciembre de 2010

Christopher Paul Gardner


A súa infancia careceu dunha influencia masculina positiva, pois o seu pai non vivía con eles e tiña un padrastro que pegaba á súa nai.
Aínda así, para Chris  a súa nai representáballe fortaleza e decidiu que defendería o abuso, a violencia, etc.
A súa nai estivo no cárcere pola culpa do seu padrastro e Chris e os seus irmáns entraron nun centro de menores, onde coñeceron ós seus tíos maternos. Un deles, Henry, foi coma unha figura paterna para Chris, o cal morreu aínda estando a súa irmá no cárcere.
Cando rematou o instituto, alistouse como membro do corpo médico na marina estadounidense. Alí coñeceu ó doctor Robert Ellis, quen lle ofreceu traballo como asistente na clínica de investigación no Centro Médico da Universidade de California e no Hospital de veteranos en San Francisco.
O18 de xuño de 1977, Chris Gardner casouse con Sherry Dyson.
Chris tivo que deixar o seu traballo pois había moitos avances tecnolóxicos.
Tres anos despois, Jackie Medina, quedaría embarazada por él, e este deixaría a Sherry para coidar de Jackie e do seu fillo, o cal se chamaría Christopher Jarrett Medina Gardner.
Chris tivo varios traballos para poder manter á súa familia, e ó final conseguíu un un pouco máis estable. Grazas a ese traballo, puido ir a Louisiana a coñecer ó seu pai. Despois disa visita, decidíu que el si sería un home de éxito.
Coñeceu a unha persoa que era corredor de bolsa e que lle ía moi ben, e decidíu que quería ser corredor de bolsa.
Foi aceptado num programa de capacitación en E. F. Hutton, e deixou o seu traballo.
Cando chegou á oficina o primeiro día habían despedido ó director co contratou.
Conseguíu unha etrevista na bolsa de valores Dean Witter Reynolds, pero foi detido durante 10 dias por non pagar as multas de tráfico, e cando saíu a súa muller marchara con todo e volveu catro meses despois para deixarlle ó seu fillo.
Aínda que tiña traballo vivían sen fogar, pois todo o gastaba cousas para o neno. Pero mais tarde o reverendo Cecil Williams permitíulles quedar uns meses no refuxio de nais indixentes.
En 1892, pasou o exame para obter a licencia e consegíu traballo en Dean Witter Reynolds.
Cinco anos despois, estableceu a súa firma de bolsa de valores. A cal vendeu en 2006 nun trato multimillonario e converteuse en fundador  de Christopher Gardner International Holdings.
Na actualidade coopera en varias organizacións filantrópicas.

CARACTERISTICAS:
-Chris foi un gran emprendedor pois de non ter casa pasou a ser un gran empresario pois tivo unha idea e fixo todo o posible por conseguilo

1 comentario:

  1. Así que este home decidiu defender a violencia? (le o teu segundo parágrafo).
    Tampouco che quedou claro o porqué do seu abandono dos estudos de mediciña...
    A razón da súa elección de ser corredor de bolsa, o dis dúas veces, en dous parágrafos distintos (polo tanto, indican dúas ideas distintas) así que unha delas vai mal... (ou vai mal escrito, claro).
    O resto... vai ben. Tes que procurar ler o que escribes para que comprobar que realemente escribiches o que querías...
    As relacións coas vcaracterísticas dun emprendedor... algo cutrillas...
    A túa cualificación é de 6,5 puntos

    ResponderEliminar